Silleda, 11 de setembro de 2014. O Concello de Silleda remitiu en días pasados unha petición á Deputación de Pontevedra solicitando a súa colaboración para subsanar deficiencias no Camiño Mozárabe, máis coñecido como Vía da Prata ao seu paso polo municipio.
O alcalde, Manuel Cuíña, sinala que en días pasados o organismo provincial anunciou un programa de limpeza para executar neste ano no Camiño Portugués, “e consideramos que ao mellor o tramo da Vía da Prata que cruza tamén a provincia podería acoller algún tipo de iniciativas de mellora”, indica.
Cuíña lembra que nos últimos anos a S.A de Xestión do Xacobeo encargábase de tarefas de limpeza do tramo. Así nos anos 2010 e 2011 déronse axudas dende a Administración Autonómica para estas tarefas e no 2012 dende esta o Xacobeu contratouse a unha empresa para realizalas.
“Pero dende entón non volvemos a contar co apoio da Administración autonómica para o mantemento dos 19 kilómetros de Camiño de Santiago que psan polo noso termo muinicipal”, explica.
O pasado mes de xuño, antes do inicio da tempada estival, dende o Concello remitiuse unha nova petición ao Xacobeo informando da “urxente necesidade de, sobre todo, limpar os tramos con grande afluenza de peregrinos durante o verán”, explica Cuíña, “pero a día de hoxe non tivemos ningunha noticia por parte da entidade da Xunta”.
Na petición ao presidente da Deputación o alcalde advirte da perigosidade dalgúns puntos no rural, con escasa visibilidade debido á maleza, que suponen un perigo para os peóns.
O Camiño Mozárabe, máis coñecido como Vía da Prata, e con inicio en Andalucía e o norte de Portugal, pasa polos concellos pontevedreses de Dozón, Lalín, Silleda e A Estrada. A petición de Silleda vai acompañada dun informe no que se recollen as deficiencias e necesidades máis acuciantes.
Tamén sinalización
No informe tamén se recollen , ademais das acumulacións de maleza, outras deficiencias coma socavóns, malas canalizacións de agua ou sinais que están ou rotas ou faltan. “Hai falta de postes quilométricos en varios puntos e outros dispositivos de información”, advirte o alcalde.
Final da campaña municipal de debroces
Cuíña explica que dende o Concello de Silleda está xa a punto de rematar a campaña de desbroces que se iniciou o 2 de xuño , “seguindo como vén sendo habitual o calendario das festas nas parroquias para establecer a orde”.
O alcalde advirte que “temos máis de 1.000 kilómetros de pistas para desbrozar, e dende o Concello este anos fixemos un grandísimos esforzo nestas tarefas chegando a tempo a todas as parroquias.”. A día de hoxe tan só quedan 2 ou tres parroquias por desbrozar.