O Viveiro de Empresas de Silleda arranca o ano cun novo ciclo de formación dixital para pemes e negocios locais

O Concello de Silleda, coa colaboración da Fundación Roberto
Rivas, continúa este 2026 co Programa de Dixitalización de Pemes e Negocios Locais que se
desenvolve no Viveiro Municipal de Empresas de Silleda, cunha nova serie de sesións
formativas gratuítas dirixidas ao tecido empresarial da comarca.
O programa deu comezo o pasado 7 de xaneiro de 2026 cunha primeira sesión dedicada a
Canva, centrada na creación de materiais visuais atractivos para redes sociais e escaparates
dixitais.
Esta semana terá lugar unha nova formación, o martes 4 de febreiro, baixo o título
“Introdución á Intelixencia Artificial: deixa que a IA traballe por ti”, na que as persoas
participantes aprenderán a empregar ferramentas de IA para planificar e analizar a súa
actividade en liña.
As sesións están impartidas por Maia Comunicación e teñen un enfoque práctico, pensado para
a aplicación directa nos pequenos negocios, comercios e proxectos emprendedores.
O programa continuará nos vindeiros meses cun calendario de sesións mensuais, sempre en
horario de 19:30 a 21:30 horas, e incluirá as seguintes formacións:
• 4 de marzo de 2026: IA aplicada á edición de imaxes
• 8 de abril de 2026: Metricool: programa e mide os teus resultados
• 6 de maio de 2026: Google Business: o teu escaparate dixital
• 3 de xuño de 2026: Sesión de avaliación e conclusións
A participación no programa é gratuíta e aberta a calquera persoa interesada, previa inscrición,
e as sesións celébranse nas instalacións do Viveiro Municipal de Empresas, no Parque
Empresarial Área 33.
Este ciclo formativo enmárcase no plan de dinamización do Viveiro de Empresas de Silleda e
busca acompañar ás pemes e negocios locais no seu proceso de transformación dixital,
mellorando a súa visibilidade, competitividade e adaptación aos novos retos tecnolóxicos