Teatro solidario e a obra “Reconversión” abren a proposta escénica do mes de marzo en Silleda

O Concello de Silleda vén de presentar a programación de Silleda Teatro, que do 28 de febreiro ao 28 de marzo contará con  propostas escénicas para todos os públicos.

Cun calendario de funcións repartidas entre Bandeira e Silleda e cunha oferta pensada para diferentes públicos a  proposta combina montaxes para público adulto, espectáculos infantís e familiares e unha cita final chea de humor orientada ao público adulto, co obxectivo de achegar as artes escénicas á veciñanza e manter unha actividade cultural estable ao longo destas semanas.

A programación arrancará o 28 de febreiro, Día das Enfermidades Raras,  en Bandeira, no auditorio Manuel Dopazo, coa representación de Historia de una enfermedad rara, de Iván Ares, con raíces silledenses e afincado na comarca do Bierzo.  Esta proposta para público adulto terá ademais un marcado carácter solidario: a entrada terá un prezo especial de 10 euros e a recadación destinarase ao Banco de Tejidos Neurológicos, que se adica á investigación de enfermedades neurolóxicas, psiquiátricas e enfermedades raras con afección ao sistema nervioso.

A seguinte cita será tamén na  Bandeira o 1 de marzo coa montaxe Reconversión, da compañía Ibuprofeno Teatro, un espectáculo de gran formato para público adulto, con 8 actores e actrices músicos que forman una charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Escrita e dirixida por  Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica en torno á reconversión do naval na Ría de Vigo, nunha liña de teatro contemporáneo.

O 7 de marzo, a programación continuará en Silleda, no Salón Santa Eulalia, coa función “Marcho que teño que marchar”, de Inventi Teatro, unha divertida sesión de contos que se convirte tamén un espazo para a reflexión sobre os roles e as desigualdades de xénero, no marco do Día Internacional da Muller.

O  domingo 15 de marzo será a quenda do público máis novo e das familias, tamén en Silleda, coa representación de “Ninja”, da compañía Teatro Ghazafelhos, un espectáculo familiar, que narra a historia de Amelia, unha rapaza do rural que soña con ser ninja.

A programación de Silleda Teatro continuará o 22 de marzo coa compañía Sarabela Teatro, da man de “Made in Galiza”, no auditorio Manuel Dopazo, para desfrutar dunha fascinante produción que combina con mestria momentos cotiáns con profundas reflexións sociolingüísticas, especialmente recomendada para o público adulto e xuvenil.

A obra está protagonizada por uns avós que non se entenden coa súa propia familia porque falan en distintos idiomas. Trátase dunha adaptación do libro homónimo de Sechu Sende que abre as portas ao humor reflexivo e á poesía.

O peche do ciclo terá lugar o 28 de marzo en Silleda con “De algo hai que morer”, de Malasombra Producións, dirixida por Xoque Carbajal, unha montaxe que en 2024 recibiu o Premio do público no Festival de Teatro Galego e que aborda a norte con moito humor da man de dous peculiares científicos .

Dúas destas obras, Made in Galiza e Marcho que teño que marchar, están cofinanciadas a través do programa Máis Escénicas da Deputación de Pontevedra.

Venda de bonos

Ao igual que o ano pasado haberá funcións gratuitas e outras de pago, para as que se poñerán á venda entradas e tamén  bonos .

Ademais unha das funcións, a primeira delas “Historia de una enfermedad rara” será íntegramente solidario para contribuir coa investigación médica. Este ano ademais, os menores de 14 tamén contarán con descontos nas entradas.

Dende a Concellería de Cultura, Mónica González, que presentou o programa xunto á concelleira de Educación e Igualdade, Ángela Troitiño , anima á veciñanza a desfrutar das propostas escénicas que encherán as fins de semana o mes de marzo.