Silleda, 14 de outubro de 2014. A Biblioteca pública municipal Daniel Castelao de Silleda acolle o vindeiro venres unha nova actuación dentro do programa Ler Conta Moito, para a dinamización da lectura.
A cita será con Avoa Youja e o seu espectáculo titulado “Soñei que era unha árbore”. Está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade e nesta proposta a compañía ourensana recrea o nacemento dunha árbore, utilizando música e imaxes creadas con xogos de luces e agua, nun espectáculo que destaca polo seu carácter visual e relaxante. Comeza ás 18.00 horas.
Esta actuación será a última das tres celebradas na biblioteca silledense este ano a través do programa Ler Conta Moito, e que se abriu o pasado
23 de abril, Día do Libro, coa actuación de Baobab Teatro, e os seus Contos para un caldiño. O 16 de maio a cita foi coa narradora Sole Felloza. "Vento e chuvia: os antigos deuses galaicos” (17.00 horas).
“O público máis novo foi o progragonista desta iniciativa para o fomento e dinamización da lectura nas bibliotecas públicas que remataremos o vindeiro venres cos máis pequenos da casa”, apunta o alcalde e concelleiro de Cultura, Manuel Cuíña.