O programa Silleda Camiña, con andainas biosaudables, abertas a todas as persoas interesadas, retómase a vindeira semana con rutas guiadas dende o pavillón municipal César G. Fares, que se celebrarán dous días a semana: o luns e mércores pola tarde (ás 17:00 h.).
Todas as persoas que estén interesadas en participar poden recibir máis información no Concello de Silleda (departamento de Deportes) ou remitir un mail cos seus datos a info@silleda.gal.
Este programa, que se puxo xa en marcha en 2021 dende os departamentos de Deportes e Turismo para fomentar hábitos saudables, os desprazamentos a pé e tamén o coñecemento de espazos turísticos, volta para seguir mellorando a saúde da cidadanía.
Neste marco, e de xeito transversal, o programa compleméntase con Silleda MoveMente, con actividades tamén saudables que se celebran a partir das 19:00 nas mesmas xornadas de luns e mércores, vinculadas ao plan de Saúde Mental.
Dende o Concello de Silleda que tamén participa no programa autonómico Adestra a túa saúde, anímase á veciñanza a participar nestas actividades, dirixidas a público de todas as idades.
