Silleda, 16 de outubro de 2014. O Concello de Silleda xa fixo a reserva do dominio de Internet .Gal, dando así cumprimento ao acordo plenario do pasado 25 de setembro. Logo da solicitude cursada a asociuación Punto Gal, que xestiona o dominio galego, estase á espera da confirmación para poder utilizar, en principio no portal web municipal, este dominio aprobado recentemente e que identifica os contidos e servizos xenerados por e para a comunidade galega.
Con este dominio, o Concello de Silleda como entidade pública, poderá ser identificada na rede como pertencente á comunidade galega, dun xeito máis próximo aos usuarios.
A día de hoxe está aberta a chamada fase Abrente para rexistar o dominio, que no caso do Concello se realiza na categoría de Administracións Públicas, Entidades e Institucións de ámbito galego.
Está previsto que dentro desta fase os dominios poidan ser activados a principios do vindeiro mes de decembro.