Silleda, 4 de decembro de 2014. Os traballos da instalación do novo sistema de iluminación do campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira, están xa a piques de rematar.
Con esta actuación, que se iniciou hai varias semanas, arranca o proxecto para remodelar por completo este estadio.
Esta obra, realizada polo Concello a través da axuda que lle corresponde do Fondo de Compensación Ambiental, con unha inversión de 42.655 euros e supón o punto de partida do ambicioso proxecto de remodelación do campo, que se fará en colaboración coa Deputación de Pontevedra
Ao organismo provincial correspóndelle as obras de dotación de herba artificial e mellora das instalacións da Gandareira. Así, ademais do terreo de xogo ampliarase o recinto para construir novos vestiarios e gradas.
Ao mesmo tempo, coa nova iluminación tamén se busca optimizar a instalación lumínica do recinto, co consecuente aforro enerxético. Así reducirase a potencia con unha instalación de 16 luminarias repartidas en 4 torres. A dotación será similar a doutros campos de fútbol do municipio, coma do de Outeiriño, en Silleda.
Co inicio destas obras na iluminación o Concello de Silleda asume así a súa aportación aos traballos de mellora e renovación deste estadio de fútbol, que se completará logo do compromiso adquirido coa Deputación de Pontevedra.