Silleda, 9 de decembro de 2014. O Concello de Silleda, a través do departamento de Medio Rural e Servizos, que dirixe Klaus Brey, percibirá a través da subvención para o pago de gastos correntes do PUSIM 2014 unha cantidade de 13.555,46 euros.
A través deste Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM) de 2014, posto en marcha dende a Deputación de Pontevedra, dende o Concello mercáronse distintos materiais para a realización de obras viarias, como emulsión ou aglomerado.