Silleda, 7 de xaneiro de 2015. O PXOM de Silleda xa incorporou as correccións advertidas pola Dirección Xeral de Patrimonio, o último dos organismos en informar o documento. Agora, os planos serán remitidos a este organismo autonómico coas correccións plantexadas para que realicen de novo o informe correspondente.
“Agardamos que este trámite se realice no menor prazo de tempo posible para axilizar o proceso”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.
Mentres, a empresa redactora do plan, Eptisa, ultima xa as respostas de xeito individual e persoalizado a todos os propietarios que presentaron alegacións ao PXOM de Silleda, informando da resolución das mesmas.
O documento que xa incorpora desde o verán as alegacións aceptadas está pendente tamén da Memoria Ambiental e terá que volver a pleno para a correspondente aprobación Provisional.