Silleda, 9 de febreiro de 2015. O prazo de solicitude das axudas ao transporte para universitarios rematou con un total de 27 peticións presentadas.
Algunhas das peticións son novas mentras que noutros casos trátase de usuarios de transporte que xa disfrutaron destas bolsas nos últimos tres meses do ano 2014.
Agora dende a Concellería de Educación estudaranse todas as solicitudes para comprobar que se axustan ás bases que regulan a concesión destas becas para o transporte, destinadas a universitarios/as e estudantes de ciclos formativos que cursen estudos oficiais en algún dos Campus e/ou institucións da Comunidade Autonóma. De ser o caso, requerirase a documentación que falte e darase un prazo para a súa presentación.
O importe máximo da subvención por beneficiario/a será de 300 euros. Así mesmo, nas bases recóllese que a renda per cápita familiar debe de ser igual ou inferior a 10.000 euros.
A diferencia de anos anteriores, cando se concedían bonos, as axudas serán con ingreso directo na conta bancarias dos beneficiarios. Unha vez realizada a valoración, a Xunta de Goberno Local aprobará unha acta provisional de beneficiarios/as que, concedendo un prazo de 10 días naturais para a presentación de alegacións.