Silleda, 13 de marzo de 2015. O pasado xoves celebrouse unha nova sesión do Consello Municipal de Educación, no que están presentados os membros da comunidade educativa (Centros, Anpas) e que preside a concelleira de Educación, Pilar Peón.
Nesta sesión, a concelleira realizou unha serie de propostas para celebrar nos vindeiros meses. Así, presentou un proxecto para realizar unha Feira do Libro, no marco da celebración do Día das Letras. Neste certame os centros venderían libros de segunda man e os beneficios se destinarán aos propios centros, para financiar actividades, e ao programa Silleda Solidaria.
Tamén se propuxo a celebración dun concurso de cómic entre o alumnado.
Ademais deuse conta doutras actividades a realizar xa nas vindeiras semanas como a proxección do documental “Camino a la escuela”, que terá lugar o vindeiro venres 27, ou a representación de O espantallo amigo, o vindeiro 10 de abril.
Na sesión os directores tamén expuxeron as demandas dos seus respectivos centros. A concelleira explicou que dende o Concello se continuará atendendo aos gastos e reparacións de mantemento ordinario.