Silleda, 17 de marzo de 2015. O Concello de Silleda vén de iniciar as obras de mellora da rede viaria no lugar de Rosende, en Ponte, unha das vías principais que discorren por esta localidade. Logo da limpeza de cunetas e outros traballos previos, a empresa Hordescon iniciou hoxe a dotación de triple rego asfáltico.
En total, investirase nesta acutación algo máis de 23.000 euros e actuarse sobre tres subtramos. Así ademais do ramal principal, tamén se arranxará a calzada outros dous tramos da zona.
“Con esta dotación seguimos mellorando os accesos no rural silledense”, explica o alcalde, advertindo “que esta actuación era moi necesaria debido ao mal estado no que se atopa esta infraestrutura”, engade o alcalde.
Trátase dunha das actuacións máis ambiciosas dos últimos meses no tocante ao arranxo de viais. O vial de Ponte súmase a outras coma a de Cumbraos, en Escuadro, ou a de Outeiro, en Manduas, onde tamén se dotou de triple rego a calzada.