O Concello colabora coa Sociedade de Caza, Pesca e Tiro no acondicionamento do campo do Picoto

Silleda, 20 de marzo de 2015. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña e o concelleiro de Deportes, Klaus Brey, visitaron hoxe o campo do Picoto, onde se están a realizar tarefas de acondicionamento. O Concello colabora coa Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda nestas actuacións para a posta a punto desta zona, situada en Vilar.

Cuiña e Brey visitaron as instalacións acompañados polos directivos da entidade, que preside Jesús Pérez Caramés.

Entre as melloras realizadas figura a cubrición do foso para os tiradores, dotado agora de unha estructura de madeira con teito incluido. Tamén se limpou o entorno do Picoto, onde se colocarán elementos de xogo na zona de esparcimento e se está a construir unha balsa para a posta en marcha do ambicioso proxecto de pesca promovido dende a entidade.

O alcalde, Manuel Cuiña, destaca o “bo traballo que se está a realizar dende a Sociedade de Caza, Pesca e Tiro, coa recuperación deste enclave” e o seu papel dinamizador.