A Xunta de Goberno Local inicia a licitación do proxecto para instalar unha caldeira de biomasa na Casa da Cultura

Silleda, 23 de abril de 2015. A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de  aprobar hoxe os pregos para a contratación de tres actuacións. Unha vez aprobados, nos vindeiros días se cursarán as invitacións a empresas para que presenten as súas respectivas ofertas.

Unha das actuacións para que se iniciou o proceso de licitación é a instalación de unha caldeira de biomasa na Casa da Cultura de Silleda, con unha inversión de 30.000 euros. Esta dotación servirá para mellorar o consumo enerxético nestas dependencias municipais.

Por outra banda, tamén na sesión de hoxe se aprobaron os pregos para o proxecto de mellora do alumeado público en 4 rúas de Silleda. Neste caso a inversión é de 120.000 euros, e ademais da mellora do servizo tamén se logrará un aforro dun 62 por cento no consumo enerxético.

O proxecto consiste en substituir as actuais luminarias das rúas Progreso, Venezuela, María Colmeiro e a Avenida do Parque por outras de tecnoloxía LED.

 

AS bases das farolas actuais serán aproveitadas, colocando enriba un soporte de maior altura (aumentase un metro) para mellorar a proxección lumínica.

“Con esta actuación buscamos mellorar a calidade da iluminación con dispositivos que ao mesmo tempo  permitirán conseguir un maior aforro do gasto enerxético a través da instalación de luminarias de tecnoloxía LED”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Unha vez desmontadas as partes superiores das farolas procederase á adaptación das novas luminarias.  Na avenida do Parque serán 36 os puntos de luz que se renovarán; 32 na rúa Progreso; os 27 da rúa María Colmeiro e os 25 existentes na rúa Venezuela.

Segundo o estudo recollido no proxecto, a potencia pasará de 18.000 a 6.800 watios, logrando reducir o consumo enerxético nun 62 por cento.

“Ao tempo que melloramos as condicións de iluminación nestas vías urbanas tamén se está a xenerar unha importante reducción da potencia actual, e en consecuencia o consumo e custes deste servizo municipal”, engade o rexedor.

O proxecto suporá unha inversión de 120.873 euros. Investiránse 120.000 euros nesta destacada renovación, coa que se logrará tamén a reducción do consumo nun 62%

 

A través desta iniciativa substituiránse todas as luminarias das rúas Progreso, Venezuela, María Colmeiro e as da avenida do Parque. O proxecto contempla o aproveitamento das bases, colocando enriba un soporte de maior altura (aumentase un metro) para mellorar a proxección lumínica.

“Con esta actuación buscamos mellorar a calidade da iluminación con dispositivos que ao mesmo tempo  permitirán conseguir un maior aforro do gasto enerxético a través da instalación de luminarias de tecnoloxía LED”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Unha vez desmontadas as partes superiores das farolas procederase á adaptación das novas luminarias. “Nestes momentos contamos con varias propostas de diseño para renovar o alumeado público nestas catro rúas, nas que se aproveitarán as bases actuais das farolas colocando soportes alargadores que elevarán un metro máis  a altura dos actuais puntos de luz”, engade o alcalde.

Así, na avenida do Parque serán 36 os puntos de luz que se renovarán; 32 na rúa Progreso; os 27 da rúa María Colmeiro e os 25 existentes na rúa Venezuela.

Segundo o estudo recollido no proxecto, a potencia pasará de 18.000 a 6.800 watios, logrando reducir o consumo enerxético nun 62 por cento.

“Ao tempo que melloramos as condicións de iluminación nestas vías urbanas tamén se está a xenerar unha importante reducción da potencia actual, e en consecuencia o consumo e custes deste servizo municipal”, engade o rexedor.

A día de hoxe tamén está proxectada a mellora de iluminación na rúa Trasdeza, coa colocación de novas farolas.

 “Estes proxectos son o froito do traballo realizado nos últimos  para mellorar e sobre todo lograr un maior aforro no alumeado público municipal”, explica Cuiña.

Mellora na Bandeira

Xa por último tamén se aprobaron os pregos para a adxudicación do proxecto de mellora da  praza Camilo José Cela e rúa Lavadoiro da Bandeira. Trátase dunha actuación moi demandada polos veciños, á vista do estado de deterioro no que se atopa a praza, sobre todo na zona da escalinata que da acceso ao CEIP da Bandeira.

A inversión é de 40.000 euros e ademais do arranxo das escaleiras da praza, ás que se dotará dun pasamanos continuo, para garantir a accesibilidade, tamén se fará un mirador na cima das escaleiras que impida o descenso de vehículos polas escalinata e que mellorará dende o punto de vista estético este acceso.

Senda peonil con alumeado na rúa Lavadoiro

O proxecto de mellora inclúe tamén a dotación de unha senda peonil no tramo da rúa Lavadoiro, que une esta praza coa rúa da Empanada. Terá alumeado e unha senda en formigón impreso de 2 metros de ancho. “Para completar esta mellora dotaremos de alumeado esta zona, unindo a praza coa rúa da Empanada, outra actuación que se viña demandando”, engade Cuiña, que recorda que nas inmediacións desta praza se atopan servizos coma o Centro de Saúde, o CEIP e o pavillón polideportivo, “polo que cremos fundamental remodelar este entorno”, engade.

A actuación completarase con unha zona de recreo nunha parcela municipal que se atopa nas inmediacións da praza.