Silleda, 7 de maio de 2015. O Programa de Turismo do Imserso 2015-2016 acaba de abrir xa o prazo de solicitudes, que poderán formalizarse ata o vindeiro 1 de xuño.
Esta iniciativa, enmarcada no envellecemento activo, promove actividades turísticas destinada a mayores, para facilitar a incorporación deste colectivo ás correntes turísticas, ao tempo que se palían as consecuencias do desemprego no sector turístico do país polo fenómeno da estacionalidade.
Poden participar pensionistas do Sistema Público español de pensións, pensionistas de viudedade que teñan cumpridos os 55 anos, e tamén pensionistas por outros conceptos, ou preceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos, ademais dos pensionistas maiores de 65.
As persoas interesadas neste programa poden dirixirse ao departamento municipal de Benestar Social ,situado no Centro Social de Silleda, onde lle facilitarán información e lle tramitarán a solicitude, ou ben chamar ao 986 592037.