Silleda, 16 de maio de 2015. O Concello de Silleda realizou nos últimos días tarefas de acondicionamento da rúa Fonte de Abaixo, nas inmediacións do casco urbano de Silleda. Este tramo, que conecta a rúa Braña do Medio coa rúa Tras da Igrexa , e que da acceso a varias vivendas, presentaba numerosas deficiencias.
O viario foi arranxado coa dotación de triple rego, mellorando as condicións deste acceso e dando resposta a unha demanda histórica dos veciños e residentes nesta zona.