Silleda, 1 de xuño de 2015. A campaña de desbroces no rural dentro do termo municipal de Silleda iniciarase nesta semana na parroquia de Parada. A día de hoxe o equipo municipal de desbroces está a rematar os traballos de limpeza no recinto feiral Semana Verde e no entorno do mosteiro de Carboeiro, onde a vindeira fin de semana se celebran os Encontros de Música Tradicional.
Unha vez rematados os traballos nestes dous enclaves, o programa de desbroces iniciarase no rural, tomando como referencia, ao igual que en anos anteriores a axenda festiva nas parroquias.
Así, comezarase pola parroquia de Parada. Fiestras, Refoxos, Pazos e Saídres serán algunhas das próximas localidades a onde chegarán os traballos.
Dende o goberno municipal advírtese que a campaña de desbroces é unha das tarefas máis laboriosas que se realiza dende o Concello, sobre todo tendo en conta a ampla extensión da rede viaria, que en todo o termo municipal supera os 1.000 kilómetros de pistas.