Silleda, 2 de xuño de 2015. O departamento municipal de Benestar Social de Silleda ofrece aos usuarios información sobre o abono social para o teléfono fixo, que ofrece Movistar, destinado a persoas xubiladas e pensionistas.
Este abono supón unha reducción do 70% da cuota de alta da liña telefónica fixa individual, ademais dun 95% na cuota mensual da liña, manténdose o custe das chamadas e sen límite de consumo.
Para poder acceder aos benefuicios sociais deste abono, que permite aforrar nas facturas do teléfono fixo, hai que ser xubilado ou pensionista, e ademais a renda familiar da persoa interesada non poderá superar os 8.946,14 euros anuais.
Dende o departamento de Benestar Social, ademais de de informar sobre estas axudas, indicando a documentación que deben de presentar os interesados e os requisitos en cada caso, tamén se fai a tramitación da solicitude.
Esta iniciativa vén a sumarse a outras das que tamén se está a informar no departamento municipal, como é o bono social para o consumo da luz.