Silleda adhírese ao programa de compostaxe doméstica de Sogama

 

Silleda, 12 de xuño de 2015. O Concello de Silleda sumarase en breve ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, no que xa figuran máis de 100 entidades (entre concellos, escolas…).

Dende Sogama xa se anuncia que se subministrará un total de 50 composteiros, de 340 litros de capacidade cada un, que se distribuirán noutros tantos fogares.

Na vindeira semana o Concello elexirá unha zona do municipio que se axuste ás características requeredas polo programa, para iniciar a compostaxe. As vivendas deben de ser unifamiliares e dispoñer de horta, xardín ou terras de cultivo.

Así mesmo, tamén se remitirán 80 manuais sobre esta técnica de compostaxe para repartir entre as familias participantes, e Sogama encargarse ao mesmo tempo de ofrecer a información necesaria, mediante un curso formativo a cargo de un monitor experto na materia.

Dende o Concello de Silleda realizarase o seguimento do programa, sempre baixo a supervisión do monitor/a.

“Na vindeira semana estableceremos xa a zona na que se desenvolverá o programa e coordinaremos a distribución dos composteiros e o lugar onde se impartirán as sesións formativas”, indica o concelleiro de Medio Ambiente, Luis Rodríguez.

Outra das posibilidades que se plantea é a de valorar a instalación dun composteiro comunitario para unha parroquia. A compostaxe doméstica presenta múltiples vantaxes.

Esta xestión sostible dos residuos, sobre todo en zonas do rural, permite reducir a frencuenca no tramporte e recollida de lixo, coa correspondente diminución de emisións contaminantes.

Tamén supón un aforro económico ao diminuir a materia orgánica nos colectores de lixo.

 

Visita a finais de mes

Por outra banda, e tamén vinculado a este programa, o Concello de Silleda organizará unha visita guiada na última semana deste mes de xuño o complexo medioambiental de Sogama, en Cerceda, dirixida a asociacións, colectivos e delegados parroquiais.