-A actuación realizarase a través dos fondos que lle corresponden ao municipio do POS 2015, con 20.000 euros. O goberno local licitará as obras no menor prazo de tempo posible
Silleda, 19 de xuño de 2015. O Concello de Silleda acometerá durante este verán as obras do patio cuberto do CEIP de Silleda, con cargo aos fondos que lle corresponden do Plan de Obras e Servizos (POS 2015).
Dende a Deputación de Pontevedra xa se aprobou o proxecto presentado dende o Concello de Silleda o pasado mes de abril, logo do acordo asinado entre a Xunta e a Deputación, polo que se permite que este tipo de fondos se poidan destinar a un recinto sen competencias municipais.
Dende o goberno municipal o alcalde, Manuel Cuiña, indica que as obras se licitarán no menor prazo de tempo posible “tratando de aproveitar o periodo vacacional do verán para acometer os traballos”, engade.
Á cuberta destinaránse 20.000 euros. As zonas de estancia cubertas, logo de analizarse as necesidades do centro, proxéctanse na zona entre o edificio central e o pavillón.
Segundo o proxecto encargado polo Concello de Silleda, a zona de paso entre o pavillón e o edificio de Primaria, aberta ao sur e protexida polo leste e oeste polas edificiacións, presentase como unha zona aceptable para cubrir, creando un espazo onde o alumnado poida xogar nos días de mal tempo, protexido do vento e da choiva.
“Esperamos que a esta inversión se sume, en virtude do acordo asinadoo pasado mes de abril, outras actuacións para continuar co mantemento deste centro educativo”, engade o alcalde.
Para cubrir esta zona, proponse dotala de unha cuberta con estructura metálica, sobre cimentación de formigón armado. Será unha cuberta a unha auga, con unha pendente do 10%.
Na zona de intervención substituirase ademais o pavimento por un formigón en masa coloreado.