Silleda, 26 de xuño de 2015. A Ruta da Prata cara a Compostela segue a rexistrar unha elevada afluenza de peregrinos durante estes meses de verán. No Concello de Silleda xa se rexistraron reservas para a pernoctación de grupos no pavillón da Bandeira, lugar habitual para dar cabida a este tipo de expedicións. En total o número de reservas para os vindeiros meses de xullo e agosto sitúase, a día de hoxe en 447 persoas.
Entre os grupos que visitarán o municipio e farán noite no pavillón da Bandeira figuran peregrinos procedentes de Alcalá de Henares, Badajoz, Ávila, Córdoba, Valencia, Sevilla, Ciudad Real, ou de distintos puntos de Portugal, entre outros.
Dende a Concellería de Turismo María José Fernández destaca a grande afluenza de peregrinos para os que o municipio que segue a ser parada no seu itinerario hacia Santiago. Nas últimas semanas, coincidindo co inicio da época estival, aumentaron as reservas dos grupos de distintos puntos da xeografía española que realizan reservas para utilizar o pavillón.
Así, explica que nalgún caso, hai outros grupos que chamaron ao Concello e que hai reservas pendentes “co que probablemente a cifra de pernoctacións siga aumentando”, explica a concelleira.