Silleda, 1 de xullo de 2015. O Concello de Silleda iniciou hoxe os traballos de mellora e acondicionamento do acceso á que será a sede da futura Escola de Música, no recinto feiral.
Así, hoxe aglomerouse o tramo de acceso a este inmoble, mellorando o firme e reforzando a seguridade viaria nesta zona, próxima tamén ao CEIP de Silleda, e ás instalacións deportivas.
“Dado que nos vindeiros meses aumentará o tránsito nesta zona, coa apertura da Escola, apostamos por mellorar o firme nesta zona e reforzar así a seguridade viarial”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Así mesmo, unha vez rematada a mellora do firme procederase á renovar a sinalización nesta zona.