Silleda, 29 de setembro de 2015. O Concello de Silleda, a través da Concellería de Medio Ambiente, pon en marcha unha nova fase do programa de Recollida de Plásticos Agrícolas de Silos e Invernadoiros.
Así, os veciños e veciñas poderán chamar ata o vindeiro o vindeiromércores día 15 de outubro para dar os correspondentes avisos, ao número 986 581028, en horario de 08.00 a 13.00 horas, indicando nome, apelidos, teléfono e ubicación dos plásticos.
Unha vez ordenada a relación de solicitudes, xa neste mes de xuño programarase o calendario de recollida por zonas, informando en cada parroquia dos días en que pasará o camión do servizo.
Dende o departamento de Medio Ambiente, advírtese aos usuarios da importancia de dar os avisos dentro do prazo establecido, ata o día 15, para programar a recollida.
Colocación de avisos
Así, e ademais de colocar avisos no rural informando desta campaña, tamén se procederá a instalar en cada parroquia escritos dando conta do día no que se procederá a recollida unha vez establecido o calendario. Está previsto que a recollida se realice os días 20, 21 e 22 de outubro, dividindo o territorio municipal en tres zonas distintas.
Dende o departamento municipal lémbrase que os usuarios deben de doblar e empaar os plásticos da mellor maneira posible, eliminando suciedade e evitando que conteñan outras materias impropias que poidan dificultar as tarefas de reciclaxe.
38 solicitudes na primeira fase
Esta será a segunda fase de recollida deste ano 2015. Na primeira, realizada durante o mes de xuño, recolléronse un total de 30 avisos procedentes de distintos puntos do rural. Ata entón a recollida realizábase de forma permanente agardando a xuntar varias peticións para proceder á retirada. “Por operatividade e para concentrar esta recollida, sen custes para o Concello nin os usuarios, decidiuse voltar ás recollidas programadas”, explica o concelleiro Klaus Brey. Así, e tendo en conta peticións anteriores, dende finais de 2014 e no que vai de ano atendéronse un toal de 60 solicitudes.
Dende o ano 2008
O programa de recollida de plásticos agrícolas porta a porta iniciouse en febreiro de 2008, obtendo uns resultados excelentes a xulgar tanto polas solicitudes rexistradas como pola cantidade recollida.
Foi unha medida de gran acollida vecinal, evitando a acumulación duns plásticos que tardarían uns 500 anos en degradarse de non reciclarse de forma correcta, ademais de evitar o impacto visual. A Concellería de Medio Ambiente agradece a colaboración dos usuarios con este servizo, que dende o ano 2013 se realiza sen custes para o Concello, froito dun acordo coa empresa autorizada que realiza a recollida.