Silleda, 7 de outubro de 2015. Silleda celebra o vindeiro sábado día 17 de outubro unha nova edición da Festa da Bicicleta. A cita, organizada dende a Concellería de Deportes, que dirixe Ana Luisa González, comezará ás 17.00 horas con saída dende o campo de fútbol do Outeiriño, onde rematará tamén o percorrido.
Haberá agasallos e premios para os participantes así coma o sorteo de unha bicicleta. O percorrido, de aproximadamente 6 kilómetros, discorrerá pola principais rúas de Silleda e polo recinto feiral da Fundación Semana Verde .
Dende a Concellería de Deporte anímase a todos aqueles veciños e veciñas que queiran participar a acudir o vindeiro día 17 ata o campo de fútbol, para disfrutar de unha xornada de ocio e deporte. Ao igual que en anos anteriores é obligatorio o uso de casco.