Silleda, 17 de novembro de 2015. O programa Silleda Form@cción posto en marcha pola Concellería de Cultura de Silleda, inaugurase mañá curso de Prantas Aromáticas e Medicinais, que se celebrará na Casa da Cultura de Silleda todos os mércores ata xaneiro en horario de 19.00 a 20.30 horas. No ciclo hai un total de 18 persoas anotadas, co que se supera o número mínimo de alumnos para a celebración do ciclo.
Tamén se pechou estes días outro ciclo do mesmo programa, o de poda e inxerto, que comezará o vindeiro martes día 24 tamén na Casa da Cultura. Será todos os martes tamén no mesmo horario, de 19.00 a 20.30 horas.
Ademais destes dous ciclos, en Silleda Form@cción ofertase no ámbito da expresión artística e corporal un curso de iniciación á fotografía; un curso de teatro , outro de recursos expresivos (expresión oral e corporal e escrita creativa) e tamén pintura. Precísase un mínimo de 13 persoas por curso (no caso de pintura,10).
O prezo é tamén similar aos cursos do rural, con 15 euros ao mes por persoa. Aqueles que estén interesados deben de presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello. As datas e horarios conviranse cos inscritos en cada curso.