Volta o certame Silleda Agasalla, cos lemas do alumnado para regalar en galego

Silleda, 19 de novembro de 2015. O Concello de Silleda organiza a segunda edición de Silledagasalla, un certame que se estrenou o pasado ano dentro da campaña de Nadal cun grande éxito.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Aida Castro,  en colaboración cos centros educativos e o sector do comercio de Silleda.  

Con este certame, para o fomento da lingua galega elixiranse os lemas máis orixinais que logo se repartirán entre os comercios para acompañar os agasallos de Nadal dos clientes.

Trátase de que o alumnado aporte lemas en galego relacionados coas datas de Nadal. Estes lemas serán logo editados polo Concello de Silleda, converíndoos en pegatinas de felicitación que serán repartidas a aqueles comercios do municipio de Silleda, que así o soliciten, para a decoración dos agasallos de Nadal.

Dende a Concellería de Normalización Lingüística  non se plantexa esta actividade como concurso, senon como participación de todo o alumnado.

Unha vez escollidos os lemas, os centros educativos deberán remitilos ao Concello de Silleda (ben achegándoos polas oficinas xerais, ben enviándoos a este enderezo electrónico). Dende esta Concellería elixiranse un número representativo de lemas que serán os editados posteriormente para formar parte das pegatinas de felicitación comercial neste Nadal.  Os traballos deberán presentarse antes do 27 de novembro.

 

Máis de 400 lemas o pasado ano

O certame logrou un grande éxito na súa estrea en 2014, cun total de 400 lemas elaborados polos alumnos e alumnas de Silleda, dos que logo se fixo unha selección dos máis orixinais.