Silleda, 1 de decembro de 2015. O Concello de Silleda e o Colectivo pola Recuperación dos Castros de Toiriz abordarán nos vindeiros días cuestións relacionadas co mantemento deste enclave turístico e patrimonial situado a escasos metros do casco urbano de Silleda.
O tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Klaus Brey, xunto coa concelleira de Turismo, Ana Luisa González e responsables do equipo de limpeza e xardinería do Concello visitaron hoxe a zona acompañados por Lucía Ares, membro do citado colectivo que iniciou no ano 2010 o traballo de recuperación deste castro.
Nas vindeiras semanas abordarase co colectivo e cos propietarios das fincas o proceso a levar a cabo para que o mantemento deste enclave pase a ser municipal.
O compromiso dos promotores do proxecto de recuperación remataba o pasado verán, logo de conseguir en 2010 unha axuda a través de Agader para a posta en valor deste xacemento.
Dende o Concello destácase a labor realizada ao longo deste anos polo colectivo integrado por veciños e empresarios da localidade. Agora dende a Administración Local estudiaránse as fórmulas para implicarse no mantemento desta paraxe, situada moi preto da capital municipal, e cun amplo valor tanto dende o punto de vista histórico e patrimonial, como natural e paisaxístico.