Silleda, 22 de xaneiro de 2016. O executivo municipal de Silleda levará a pleno a desestimación do recurso presentado por Indeza contra os orzamentos de 2016, para a súa ratificación neste órgano logo de que xa fora rexeitado pola Xunta de Goberno.
A empresa, coa que o Concello mantén un litixio por impago dende hai anos, recurriu a aprobación inicial do orzamento municipal de Silleda deste ano –durante o seu periodo de exposición pública- por considerar que debe figurar a débeda establecida polo xulgado, e non a parcial (con 132.208 euros) que consta na partida orzamentaria.
O goberno considera que o recurso é inadmisible, xa que ademais de que o orzamento se aprobou canso estaba pendente de tramitación unha proposta de pago fraccionada ante o xulgado, considerase o o pago desta débeda está garantido nos orzamentos, podendo realizarse unha modificación orzamentaria se fora preciso.
Este será un dos temas que se incluirán na orde do día do pleno ordinario do vindeiro xoves día 28, para o que xa se convocaron as comisións informativas previas, a celebrar o vindeiro luns (11.00 horas).
Outro dos temas da orden do día, tal e como xa se avanzara, é o novo regulamento para a concesión de axudas a emprendedores consensuado cos voceiros da oposición.
Tamén se inclúe unha proposta da Alcaldía para retribuir as asistencias ás xuntas de voceiros, con 48 euros e a ordenanza municipal de Normalización Lingüística.
Figuran ademais mocións do grupo de goberno (rebaixa da peaxe na AP-53) e do BNG (creación sala etnográfica na antiga sindical).