Silleda, 26 de xaneiro de 2016. O Concello de Silleda está a acometer, en colaboración coa Asociación de Veciños Vilar de Trasdeza, a recuperación da Fonte do Souto, situada no lugar de Mazarelos, na parroquia de Vilar.
A recuperación deste conxunto tradicional, con fonte e lavadoiro, -creado hai preto de 70 anos-, era unha vella demanda dos veciños de Vilar.
Os traballos comezaron coa limpeza da zona e o descubrimento das pedras para a posterior rehabilitación deste conxunto, un dos elementos etnográficos e tradicionais cos que conta a localidade.
Os veciños están a colaborar coa aportación de material e tamén de maquinaria, co apoio do traballo de personal municipal do departamento de Obras e Servizos.
Dende esta concellería, o seu responsable, Klaus Brey, indica que está é unha das obras “que se enmarcan nas actuacións nas que contamos coa inestimable colaboración dos veciños, unha axuda fundamental que tamén vén a priorizar en moitos casos intervencións pendentes”, engade e agradece expresamente “a colaboración e implicación da Asociación Vilar de Trasdeza”.
Este antigo lavadoiro e a fonte do Souto virán a implementar o patrimonio do rural sillendese onde nos últimos anos se veñen acometendo, tamén en colaboración coas entidades veciñais, outras obras destinadas á recuperación e posta en valor deste tipo de construccións.