Silleda, 18 de febreiro de 2016. O Concello de Silleda volve sumarse un ano máis á celebración do Día de Rosalía, que terá lugar o vindeiro mércores día 24, data na que se conmemora o nacemento da poetisa do Sar. Nesta ocasión dende a Concellería de Cultura e Xuventude, editaranse uns carteis conmemorativos para distribuír a tódolos centros educativos do concello e tamén para colocar nas dependencias municipais.
Xa pola tarde, terá lugar na Casa da Xuventude de Silleda a actividade “Achegándonos a Rosalía”, consistente en dous talleres, un de chapas e outro da creación dun libro no que se recollerán partes da vida e obra da artista.
Estas actividades comezarán a partires das 18:00 horas, e están indicadas para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.
Tamén estará exposto un mural representativo do día da autora.
Ademais nos centros educativos públicos de Silleda e Bandeira, tamén está previsto celebrar distintas actividades en torno á figura de Rosalía de Castro e da súa obra.