-A actividade, que deu comezo onte pola mañá, transcorrerá entre os días 21, 22, e 23 de marzo, e consiste en descubrir 10 tesouros que se esconden dentro da xeografía do Concello de Silleda
– A recollida de instrucións poderá facerse o luns e o martes na Casa da Xuventude a partires das 12:00 h.
A xincana promovida pola Anpa do CEIP de Silleda en colaboración coa Concellería de Turismo, que dirixe Ana Luisa González, tomou a saída esta mañá coa recollida de instrucións polos primeiros participantes.
A actividade, con 11 equipos inscritos, (unhas 40 persoas en total), deu comezo hoxe ás 12 da mañá e rematará o mércores 23 ás 10:00. Está dirixida a equipos de entre 2 e 5 persoas, onde ó menos unha delas ten que ser un alumno do CEIP Silleda.
A finalidade é descubrir 10 tesouros agachados en outros tantos enclaves turísticos do concello, para iso haberá que seguir as pistas proporcionadas nas instrucións, e ir recollendo outras que se irán deixando nos puntos clave e que conducirán ó grande cofre do tesouro que conterá o premio final.
Ao remate desta xinkana, o mércores día 23, ás 11:00 da mañá, terá lugar no Mosteiro de Carboeiro un obradoiro denominado “E agora somos arquitectos”, no que nenos e maiores poderán descubrir cómo se construíu o mosteiro, e os fundamentos da arquitectura medieval. Esta actividade dará paso a entrega de premios, que se celebrará no mesmo enclave ás 12:00 horas.
Haberá un primeiro premio de 100 euros e entradas para o cine, e un segundo de 50 euros e máis un premio sorpresa.