Silleda, 23 de marzo de 2016. O Concello de Silleda quere expresar o seu apoio aos familiares e seres queridos das vítimas dos atentados acontecidos na mañá de onte en Bruxelas e amosar a súa condena ante esta barbarie
Con tal motivo, hoxe tivo lugar unha concentración diante da casa do concello, gardando un minuto de silencio, como mostra de repulsa por estes crueis atentados.