Silleda, 23 de marzo de 2016. A xincana promovida pola Anpa do CEIP de Silleda en colaboración coa Concellería de Turismo, que dirixe Ana Luisa González, rematou esta mañá co obradoiro “E agora somos arquitectos”, seguido da entrega de premios aos equipos gañadores.
O obradoiro, ao que acudiu numeroso público, amosoulle a nenos e maiores cómo se construíu o mosteiro, e os fundamentos da arquitectura medieval.
Despois tivo lugar a entrega de diplomas por parte da Anpa do CEIP de Silleda a todos os nenos participantes na actividade, que dou paso á entrega de premios ós dous primeiros equipos en rematar o percorrido.
Cun tempo de 2 horas e 40 minutos, o segundo equipo clasificado foi o denominado “Os catro atrevidos”, formado por Isabel Iglesias, Iker Aller Iglesias, Noa Aller Iglesias, Hugo Cal e Lucía Coego, que gañaron un vale de compra de 50 euros e un premio sorpresa que recollerán esta tarde na Casa da Xuventude.
E os primeiros clasificados, que remataron o percorrido en 2 horas e 23 minutos foron os “Megabuscadores”, Rosendo Luís Estévez Parada, Andrés Estévez Tallón, Román Estévez Tallón, Mariana José Tallón García, e Nerea Gamallo, obsequiados cun vale de compra de 100 euros e 5 entradas para o cine.
Dende o Concello de Silleda valoraron moi positivamente esta proposta, e non descartan poñer en marcha outra de similares características en próximas vacacións escolares.