-Esperase á publicación do contrato no Boletín Oficial da provincia para a posta en marcha do servizo
Silleda, 30 de marzo de 2016. O Concello de Silleda ven de firmar o contrato coa empresa MHP Servicios de Control, S.L., para a prestación do servizo de control horario do persoal da devandita corporación mediante o sistema de pegada.
O contrato, con vixencia dende o día de hoxe, terá unha duración de un ano a contar dende que o servizo estea totalmente instalado e poida ser efectivamente utilizado polo persoal, prazo que se prevé comece de cara ó mes de maio, unha vez que o convenio saia publicado no Boletín Oficial de Pontevedra.
Instalaranse tres terminais de pegada dactilar TRD-3 con servizo de control e análise de tempo para oitenta usuarios en tres centros de traballo.
Esta prestación terá un custe total de 4.341,48 euros anuais, pagadeiros en doce mensualidades vencidas.