Silleda, 7 de abril de 2016. O Alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e a concelleira de Educación, Pipi Péon, reuniranse hoxe en Santiago con Román Rodríguez, conselleiro de educación, co fin de transmitirlle as deficiencias dos centros de ensino do concello que están fora das competencias municipais.
Tal e como se falou en días pasados na reunión do Consello Municipal de Educación, expoñeránselle ó conselleiro carencias de grande envergadura, como son problemas de calefacción, filtracións, humidades, reparacións de cubertas, e demáis danos de urxente reparación tanto nos colexios de infantil e primaria de Silleda e A Bandeira, coma no instituto Pintor Colmeiro.