Silleda, 22 de abril de 2016. O I Concurso de Cómic “Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao”, organizado pola Concellería de Educación do Concello de Silleda, xa ten gañadores.
A pasada semana reuniuse o xurado, formado por tres traballadores municipais, para seleccionar aos gañadores de entre un total de 30 traballos presentados, distribuídos do seguinte xeito:
- 16 traballos do CEIP de Silleda; 1 na categoría de Educación Infantil e 15 na de Educación Primaria
- 5 do CEIP Ramón de Valenzuela, todos na categoría de Educación Primaria
- 9 do IES Pintor Colmeiro, na categoría de ESO
Logo dunha larga análise, o xurado propuxo que se outorgaran os premios aos seguintes traballos:
Na categoría de Educación Infantil, o premio foi para “As viaxes de Ambrosio por terras de Silleda”, de alumnos do CEIP de Silleda, e dotado con 100 euros e entradas para o aquapark de Cerceda para todos os membros do grupo.
Dentro da categoría de Educación Primaria, distinguíronse tres apartados:
- Ao mellor cómic, con 100 euros e entradas para o aquapark de Cerceda para “A lenda de Penadauga” dun grupo de alumnos de 6º do CEIP de Silleda.
- Ao mellor guión, premio que foi para “A conta atrás” de alumnos de 6º do CEIP Ramón de Valenzuela de A Bandeira, e dotado cun premio de 50 euros e un lote de material escolar para cada membro do grupo.
- Á mellor ilustración, para “A mellor tortilla”, dun grupo de 5ºA do CEIP de Silleda, premiada con outros 50 euros e un lote de cómics para cada membro.
Xa dentro da categoría de Educación Secundaria Obrigatoria, o xurado tamén propón a tres gañadores segundo outras tantas categorías:
- Ao mellor cómic, con 100 euros e entradas para o aquapark de Cerceda para “A Ponte do Demo”, de alumnos de 1º de ESO, e con número de rexistro 1385.
- Con 50 euros e un lote de material escolar para cada membro do grupo cualificouse ao mellor guión do traballo titulado “Usa a boca só para que entre o viño”, de 3º da ESO.
- E para a mellor ilustración elixiuse a “A Ponte do Demo”, dun grupo de 1º da ESO, con numero de rexistro 1384, e que será agraciado con 50 euros e un lote de cómics para cada membro.
En vindeiros días se celebrará a entrega de premios aos nenos. Os premios en metálico entregados aos centros de ensino, poderán ser destinados á axuda do financiamento das excursións, ou se non se organizasen, cada centro poderá destinar o premio ás actividades que estimen.