-Tamén se pasarán ó cobro en período voluntario dos recibos correspondentes ao segundo semestre do ano
Silleda, 03 de maio de 2016. Unha vez foron aprobados pola Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra, os padróns das taxas pola recollida do lixo correspondentes ao segundo semestre do ano 2016 estarán a disposición do público dende o 4 de maio ao 3 de xuño, ambas datas incluídas, no Concello de Silleda. Durante este prazo, os interesados poderán achegarse a examinar os documentos e poderán presentar, no prazo dun mes dende o 4 de xuño recurso de reposición previo ó contencioso administrativo perante a Tesourería do ORAL.
Asemade, os contribuíntes afectados deben saber que po prazo voluntario de cobranza do imposto indicado, para o Concello de Silleda, é do 4 de maio ao 4 de xullo de 2016, ámbalas dúas datas inclusive.
Este imposto poderá pagarse a través de calquera entidade bancaria, na Oficina Virtual Tributaria, (OVT) do Oral, (http://oral.depo.es), ou a través de calquera modo actualizado legalmente, empregando recibos que se enviarán ao domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario. En caso de perder este recibo, a persoa obrigada ó pagamento, poderá solicitar un duplicado nos Servizos Centrais – Servizo de Recadación, (Avda. de Marín, 9-11. Tlf. 886 211 400 Pontevedra), ou na Oficina Periférica máis próxima ao domicilio, ata o día 4 de xullo.
Os contribuíntes que a 15 de xuño de 2016 non tivesen recibido nos seus domicilios os instrumentos de ingreso disporán de prazo ata o 4 de xullo para solicitar nas devanditas dependencias o documento e efectuar o pago, posto que a non recepción non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía prema.
A vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción da recarga correspondente e demais conceptos esixibles.
Exposición das Matrículas do censo do IAE
Así mesmo tamén se atopa en exposición pública no concello a Matrícula do Censo de Contribuíntes obrigados ao pago do Imposto de Actividades Económicas correspondente ao exercicio 2016.