Silleda, 3 de maio de 2016. Tal e como se deu a coñecer na rolda de prensa celebrada na mañá do luns, onde se presentou a programación cultural do Concello de Silleda para este mes de maio, hoxe tivo lugar a primeira das actuacións, consistente na colocación dunha lona conmemorativa das Letras Galegas na balconada da Casa da Cultura.
A pancarta, en homenaxe a Manuel María, o protagonista do Día das Letras Galegas de este ano, estará exposta durante todo o mes de maio.