Silleda, 4 de maio de 2016. Técnicos implicados no proxecto do Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda achegáronse esta mañá á finca municipal de Ponte que servirá de base para os cultivos experimentais dos voluntarios ligados ao centro, e tamén como horta de autoabastecemento para os veciños que así o soliciten, co fin de recoller mostras do terreo e analizalas.
Así, logo de facer 10 buratos en forma de V de 30 centímetros de profundidade, recolleuse a terra saída de eles e mezclándoa, retirouse unha mostra que será analizada no Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico que posúe a Xunta de Galicia na localidade de Mabegondo, en A Coruña, co fin de coñecer a composición dos terreos, mediante unha análise de textura e de fertilidade que determinará as necesidades de enmenda e abonado para proceder ao cultivo en ditas terras.
Esta actuación, así coma a do comezo das plantacións dos voluntarios, causou moita expectación. Tanto é así, que se emitirá unha pequena reportaxe dos traballos no espazo O Agro da TVG nos próximos días.