-Estará situada xunto ao Centro de Saúde durante toda a xornada
Silleda, 11 de maio de 2016. A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar o Concello de Silleda este mes. A cita será esta vez en Bandeira o vindeiro venres día 20, onde quedará instalada no lugar de costume: na rúa Camilo José Cela, xunto ao Centro de Saúde. Nesta xornada as persoas que queiran realizar doazóns poden acudir pola tarde en horario de 16:00 a 21:00 horas.
O Concello de Silleda e o Centro de Centro de Transfusión de Sangue de Galicia amosan o seu agradecemento a todas as persoas que participan nestas campañas, xa que o xesto solidario das doazóns contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes.