Silleda, 24 de maio de 2016. A concelleira de turismo de Silleda, Ana Luísa González Costa, realizou no día de onte a entrega dos premios do quinto Concurso de Micro Relatos. Os gañadores, que se deron a coñecer na pasada semana, foron María Gutiérrez Frade, na categoría de 6 a 12 anos, pola súa obra “Soños de amor e imaxinación”, e José Luís Fernández Sarceda, no apartado de maiores de 13 anos e coa obra “Xurxo de Pena”.
Os premiados recibiron unha tablet, valorada en 100€ e un vale de compra de 20€, doado por ECOS para canxear en calquera establecemento asociado.
O colexio plurilingüe María Inmaculada tamén recibiu 50 euros para a compra de libros en galego, por ser a gañadora da categoría de 6 a 12 anos alumna dese centro.
E á campaña de recollida de material escolar da Concellería de Benestar correspóndenlle 50€, debido a que o gañador da categoría de máis de 13 anos non é alumno de ningún centro educativo.