Silleda, 3 de xuño de 2016. A concelleira de Benestar Social, Pili Peón, presentou, na mañá de hoxe aos medios de comunicación, os cambios realizados no local do Centro Social durante o peche de este pasado mes de maio.
Os traballos de mellora do Centro consistiron no pintado de paredes, e a substitución dos pisos na zona de cafetería e tamén nos baños, xa que estes eran de linóleo e estaban moi estragados.
Así mesmo tamén se fixo unha pequena reestruturación do local, engadindo pequenas zonas de ocio e descanso para os usuarios.
Estas obras veñen a complementar a outras realizadas nos pasados anos, coma a reparación integral da cuberta do edificio, que se levou a cabo o pasado ano, e que contribuíu notablemente á mellora deste edificio, onde se ubican as dependencias de Servizos Sociais do Concello de Silleda dende hai oito anos.
A culminación das melloras terá lugar esta noite co “Venres de Albaroque”, unha festa, de entrada gratuíta, amenizada por Suso de Melide, que se celebrará entre as 19:00 e as 22:00 horas no Centro Social.
As instalacións permanecen xa abertas no horario habitual de verán. De luns a venres de 15:30 a 20:00 e os fins de semana de 19:00 a 23:00 horas, mentras que os bailes terán lugar de 20:00 a 22:00 horas.