Silleda, 8 de xuño de 2016. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e a concelleira de Benestar e Igualdade, Pili Peón, visitaron esta mañá a Mariano Vázquez, outro dos avós centenarios dos 9 cos que conta actualmente o municipio trasdezá, que cumpría hoxe 101 anos.
Os gobernantes obsequiaron ao centenario con unha tarxeta de felicitación e un “Carboeiro”, o regalo institucional do concello.
A pesares de ter superada a centena, Mariano goza de moi boa saúde, e non dubida ao lembrar vellos tempos dos seus anos máis mozos.