A Banda de Música de Bandeira participará no Festival Rio Loco en Toulouse

-A agrupación actuará na cidade francesa o vindeiro sábado 18 de xuño, xunto cos catro compoñentes do grupo Caxade

-O festival Rio Loco, celebra a sua vixésimo primeira edición adicada este ano aos “Mundos Celtas”

Silleda, 11 de xuño de 2016.  Unha sección da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira acudirá o vindeiro sábado 18 de xuño ao Festival Rio Loco, un dos máis emblemáticos de Francia onde, xunto cos integrantes do grupo Caxade, ofrecerán aos máis de 130.000 esperados asistentes os temas do disco A Dança dos Moscas ao Vivo e algún tema novo.

O concerto celebrarase ás 9 da noite en Pont-Neuf, o escenario principal do festival, situado á beira do río Garonne, en Toulouse.

O Festival desenrolarase entre os días 15 e 19 de xuño prevíndose unha asistencia de 22.000 persoas cada día entre as 5 da tarde e as 12:30 da noite.

Artistas como Omara Portuondo, Georges Clinton, Calle 13, Los Lobos, Emir Kusturica, Chavela Vargas, Jimmy Cliff, Lenine, Goran Bregovic ou Oscar de León, entre outros, teñen pasado polo Festival nos seus 21 anos de existencia.

 

Tralo éxito acadado o ano pasado, onde 134.000 persoas acudiron ao 20 aniversario do certame, na presente edición o festival invita a descubrir os “Mundos Celtas”, traendo artistas de Irlanda, Escocia, Illa de Man, Gales, Cornualles, Galicia, Asturias, Cantabria, e Bretaña.

Todo tipo de música ten cabida en este evento clave no panorama de festivais do verán do país galo, que da cabida tanto a artistas xa consagrados, como a xoves que queren amosar o seu talento enriba do escenario.

Este ano tres actuacións reflexarán o talento da música galega, xa que ademáis da posta en escea da Banda de Bandeira xunto co grupo Caxade, tamén actuarán o Cuarteto Caramuxo e Carlos Núñez, que se unirán a outros 30 artistas para poñer música aos 5 días que dura o festival.

Música a fartar

Dentro das actividades organizadas pola Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, o vindeiro sábado 25 de xuño terá lugar a VII Edición de Música a Fartar, un encontro “músico – gastronómico” do que se irá dando conta nos próximos días.