-Os contratos terán unha duración de cinco meses, logo das seleccións feitas a través do Servizo Galego de Colocación, e do tribunal, por medio de un concurso de méritos e de entrevistas
-Trátase da segunda fase do programa, no que xa participan outros 6 traballadores dende o pasado mes de febreiro
Silleda, 16 de xuño de 2016. Esta mañá comezaron a traballar no Concello de 6 novos traballadores e traballadoras contratados/as a través do 1º Programa de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos concedido pola Deputación de Pontevedra para o exercicio 2016 durante un período de dez meses. Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan de limpeza e a outro de acondicionamento de zonas verdes.
Os 6 novos traballadores veñen a cumprimentar a outros 6 xa contratados no mes de febreiro, nunha primeira fase do programa, e cubrirán as vacacións do persoal ou reforzarán os traballos.
Este equipo estará formado por 2 peóns de limpeza viaria, (varredores/as), e 2 peóns de xardinería, 1 peón de albanel, e 1 limpadora de centros públicos municipais, traballos de interese xeral e social, indispensables para o bo funcionamento da comunidade de veciños.
A selección, ao igual que en anteriores convocatorias foi realizada nun primeiro momento, a través do Servizo Galego de Colocación (Oficina de Emprego), e despois a través dun concurso de méritos e unhas entrevistas realizadas no concello por un tribunal constituído a tal fin. Estes contratos laborais serán a tempo completo, de 37,5 horas semanais.