Silleda, 16 de xuño de 2016. Mañá, venres, celebrarase unha nova edición da Festa da Primavera, organizada polo Club do Centro Social dos Maiores e a Concellería de Igualdade e Benestar. A cita, comezará ás 14.00 horas no resturante Coteliño, cun menú que estará composto por salpicón, cordeiro e xarrete, postres e café. A animación musical correrá a cargo do Dúo Punto Cero.
O prezo é de 13 euros para os veciños/as e as persoas socias do Club e de 14 euros para veciños de outros municipios e os non socios.