Silleda, 17 de xuño de 2016. Este mediodía celebrouse unha nova edición da Festa da Primavera, organizada polo Club do Centro Social dos Maiores e a Concellería de Igualdade e Benestar. A cita, que comezou ás 14.00 horas no restaurante Coteliño e se prolongou ata ben entrada a tarde, contou cun menú composto por salpicón, cordeiro e xarrete, postres e café, e coa participación de 130 persoas. A animación musical correu a cargo do Dúo Punto Cero.