-O proxecto presentouse ao Plan Urbe da Xunta de Galicia
-Búscase financiamento para o acondicionamento de beirarrúas e saneamento da Travesía Vista Alegre en A Bandeira
Silleda, 23 de xuño de 2016. O Concello de Silleda ven de solicitar unha axuda ao Plan Hurbe da Xunta de Galicia para o acondicionamento de beirarrúas e o saneamento na Travesía Vista Alegre, en A Bandeira.
Este plan de axudas busca modernizar infraestruturas e recuperar espazos públicos en pobos galegos, e a él acode o municipio trasdezá cun proxecto valorado en 60.000 euros para mellora de dita rúa, consistente na dotación dun único sentido de circulación, con prazas de aparcamento no lado este, así coma a ampliación das beirarrúas ata os dous metros de ancho e a mellora do pavimento, actualmente deteriorado e descontinuo, con diversas pezas soltas no traxecto.
Así mesmo o proxecto tamén inclúe unha nova rede de recollida de pluviais, á vez que se renovarán os tubos de paso para as instalacións de abastecemento eléctrico, alumeado e telecomunicacións.
De ser concedida esta axuda, o concello fixa un prazo de catro semanas para a realización dos traballos.