O Concello de Silleda promove a participación da mocidade no programa DepoEmprende

Silleda, 19 de agosto de 2016. O Concello de Silleda colabora coa difusión co programa DepoEmprende e a anima aos mozos e mozas do municipio que cumpran cos requisitos desta iniciativa a participar na xornada formativa que terá lugar en Lalín o vindeiro día 30 (ás 12:00 horas no viveiro de empresas).

Nesta xornada, para a comarca do Deza, os responsables de DepoEmprende presentarán esta iniciativa que continuará despois coa selección de participantes para as sesión formativas nos vindeiros meses.

O programa DepoEmprende para o fomento do emprendemento xuvenil na provincia de Pontevedra ten por finalidade incorporar ao mercado laboral 120 mozos e mozas menores de 30 anos non ocupados laboralmente nin integrados no sistema formativo. Este programa foi aprobado pola Fundación Incyde e está cofinanciado en máis dun 90 % polo Fondo Social Europeo.

Para participar é necesario estar inscrito/a no Sistema de Garantía Xuvenil. Os veciños/as de Silleda que estén interesados tamén poden anotarse no Concello (ou chamar ao 986 580000) a fin de facilitar o transporte hasta Lalín, se fora necesario.

As inscricións deben realizarse a través do enderezo  depoemprega2016@depo.es.

Logo da xornada formativa, na que se recollerán tamén inscricións farase a selección das persoas beneficiarias que participarán nun plan personalizado con actividades ata o vindeiro mes de novembro. Teranse en conta variables coma a motivación para traballar, condicionantes persoais, profesionalidade e habilidades sociais.

Información dende o programa Silleda Emprega

 

A Concellería de Emprego de Silleda, que dirixe Ana Luisa González Costa, xa remitiu información ás persoas incritas na bolsa municipal de emprego de Silleda que cumplen cos requisitos do programa.

“A través de Silleda Emprega queremos canalizar tamén toda a información de interese para os usuarios”, explica a concelleira.

Plan Proemga

Así, ademais do programa provincial tamén se informa do plan Proemga, de  formación e acompañamento para a mellora do

emprendemento xuvenil en Galicia, organizado polaa Fundación Galicia

Innova. Este programa pretende incluir no mercado laboral a 25 xóvenes do Deza. O prazo para inscribirse remata o 16 de setembro. Pódese facer via correo electrónico (formación@fundaciongaliciainnova.org).