Silleda, 11 de outubro de 2016. O Xulgado do Contencioso Administrativo Numero 2 de Pontevedra vén de dictar un auto logo que de o Concello de Silleda solicitara unha aclaración sobre a sentenza do pasado 29 de xullo, na que se rexeitaba a prescrición da débeda da empresa Explotación Minera de Campomarzo S.A coa entidade local, que pedía a empresa.
O Concello de Silleda solicitou que se aclarara a sentenza para concretar as cantidades que adebeda a empresa. Finalmente a empresa debe ao Concello, en concepto de cánon de escombros , 270.117,94 euros, máis os intereses dende a data da sentenza ata que se formalice o pago.
Na sentenza do mes de xullo, o xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra desestimou a petición da empresa Explotación Minera de Campomarzo S.A. de nulidade total da débeda por prescipción. Deste xeito, confirmouse por vía xudicial a débeda da empresa xestionadora do vertedoiro de inertes coas arcas municipais de Silleda, por impago do cánon de escombros durante varios anos, dende 2005 a 2007 e de 2008 a 2011.
O Pleno da Corporación de Silleda xa acordara en novembro de 2015 rexeitar o recurso interposto pola empresa Explotación Mineira de Campomarzo, no que defendía que esta débeda co Concello estaba xa prescrita.
Do mesmo xeito, na sentencia reaxustáronse as cantidades desa débeda e establece que se efectúe unha nova liquidación tendo en conta a declaración da empresa e as compensacións.
A cantidade que a empresa lle debe ao Concello queda agora, unha vez aclarada a sentenza en 270.117,94 euros, unha vez restados tamén 38.977 euros das compensacións (de importes que o Concello lle adebeudaba á empresa).
A empresa recoñece na súa declaración e no propio recurso xudicial que adeuda as cantidades correspondentes ao canon polo vertido dun total de 139.998,30 toneladas. A anualidade coa maior débeda correspondería ao ano 2009, con algo máis de 90.000 euros pendentes.